Feiticeira escu...'s profileFeiticeira Escura & Fúse...PhotosBlogListsMore Tools Help

Blog


    Mulleres sacade as garras e non derramedes máis bágoas

    Por qué sigo a chorar,
    E cada vez que o fago,
    Isto faime enfermar.
    Desexaría poder volverme insensible.

    Odio sentir que me rompan o corazón e non sentir,
    Non sinto nada máis ca dor,
    Pero o amor q me deches sentíase tan real.


    Amo a todos os meus amigos pero non é o mesmo,
    Para min eles son a miña familia,
    Para eles isto é só un xogo

    Encántame desfrutar a miña vida
    Ser feliz coas alegrias dun amante
    Pero cada vez que consigo un, eles me destrozan,
    ata o último pedazo da folla da guadaña.

    Botemos unha man de cando en cando

    ¿¿Qué vos parece a situacion desta muller?? ¿¿sabedes que non cobra nin uns euriños polo seu constante e duro traballo?? Esixídelle un salario "digno", que as marcas de roupa paguen máis ós seus traballadores na contra de gastar tanto nos anuncios publicitarios, máis nos vale solidaridade que fachenda pero hai moitos que inda non entenden isto... www.ropalimpia.org todos podemos botar un man, ou polo menos difundila intención, sempre haberá xente disposta a loitar polos reprimidos, polos ignorados nun segundo plano e básicos para todos nós. Se queremos un bo mundo comecemos arranxando a cementación que parece estar "algo" rasguñada. O mundo non é tan marabilloso como cremos porque non nos atrevemos a mirala realidade xa que non somos quen de defendela xustiza, miramos po aire e a velas vir mentres outros perden as súas vidas sen que fagamos nada. Démola cara dunha vez.

    Animaliños!!! E animais...


    ¿¿É bonito verdade??
    E cando creza... ¿¿seguirá a ser bonito?? E o máis importante... ¿será feliz? ¿Gozará dunha vida digna?
    A crueldade cos animais esta presente en tódolos recunchos do mundo... moitos animalillos non o descubrirán na súa pel pero..outros non terán esa sorte, e da igual que sexan animais domésticos ou salvaxes, todos son tratados con sengue fría e odio, o seren maltratados ou abandoados... este canciño amósase doce e agarimoso ¿¿como deixaredes que remate??

    Como poderedes ver no enlace ó maltrato os animais non esta penado como debera, e como informa a imaxe dámoslle máis importancia ás veces a parte material... Con isto gustaríame que os que estedes na contra do sistema legal para cos animais e a casi total impunidade para seus maltratadores botarades unha ollada clichando na foto e axudando se podedes.

    Observade a crueldade da xente con este neno e seu can, posiblemente seu mellor amigo e un dos poucos ós que tiña... Click na imaxe pa ver esa e outras historias deste calibre.




    Miren.. que hombría, que elegancia, que valor, canta paixón... sexamos realistas eles van ben protexidos e armados co peorciño e inda se atreven a dicir que o coitado animal non sofre... non podo crelo... e se levan estes "honrosos homes" algunha cornada estalles merecido, ¿qué ten de honorable esmagar a un animal por fachenda ou cartos? É humillante pensar que isto segue en pé.. e que algúns inda o defenden, ou incluso o admiran como a realización do home, se isto é ser home daríame noxo selo... e non é só iso estas corridas e actividades pagámolas nós que xa ten sarcasmo o asunto, ¿pagamos para que outros torturen a un animal ata a morte? ¿¿Cómo o permitimos?? Se o tivesen q pagar eles igual o pensaban duas veces e se eles fosen o touro xa non dubido que non quererías pero parece que ó no poder falar tampouco poden sentir... "humanos descerebrados"... Sé queredes ver a realidade das corridas de touros clickade na imaxe.
    Pero é que os proteccionistas
    non entendemos a sublime beleza
    da morte do touro, e ademais
    somos moi esaxerados...



    Isto tampouco ten nome... xoguemos a ser Deus.. vai se lle quito isto morre, seguinte!..anda se lle quito isto tamén, traédeme outro, e se lle extirpo isto daquí...? Deixade de xogar cos animais e mirádevos ben antes a ver se tedes realmente tal sangre fría pa facer o que facedes porque seguro que non vos gustaría que llo fixen ós vosos fillos, a les tampouco lles gusta..
    Aquí estan probando a cicatrización das feridas...
    Teñen unha fermosa pel... e como nos gusta arrincámoslla e ala, pa casa e se lla arrincas vivo non a estropearás.. que máis ten que sufra, de hoxe non pasa, non?? A moitos arrincáballes algo máis ca pel, se se sinten tan acomplexados que precisan ocultar os seus medos con peles que tratan de amosar luxo i elegancia que baixen das nubes, amosan seren indignas e manipulables, así como crueis e desconsideradas.

    O lume non xurdiu da nada

    Veleiquí "presuntos"culpables da queima da terra e o abrasamento de decenas de animais así como miles de hectáreas de terra verde e marabillosa da Galiza.

    • V.O.N. 72 anos, veciña de Ponteareas, impútanselle 31 fogos. Ingresada na Unidade de Psiquiatría do Meixoeiro tras declarar.
    • J.M.M.B. Camioneiro
    • J.C.M.O. 49 anos, discapacitado (o que lle será atenuante), veciño de Lalín, quedou en liberdade con cargos trala declaración.
    • J.M.S. 23 anos, veciño de Redondela, pertence a unha brigada de incendios. Impútanselle unha trintena de fogos en Redondela e Pazos de Borbén.
    • Olga, 76 anos, veciña de A Lama, problemática cos seus veciños que achacan a denuncia a unha rivalidade entre irmás.
    • Veciño de Vilanova ó que se lle imputan tres incendios na Comarca do Salnés.
    • M.P.Q. 90 anos, veciño de Gondomar, sospeitoso de ocasionar un total de seis incendios nos que se perderon pinos de máis de corenta anos de antigüidade.
    • J.P.R. 60 anos, veciño de Cabral (Vigo) presunto autor dun incendio nun bosque xunto á AP-9.
    • M.C.M.G. 45 anos, veciña de Barbadás (Ourense), sorprendida pola policía autonómica cun velón aceso e unha caixa de mistos nun monte.
    • Un membro dunha cuadrilla de extición da comunidade coruñesa de Cabanas de Bergantiños, 31 anos, presunto autor de tres delitos de incendio forestal.
    • B.F.P.R 21 anos y A.B.P 17 anos, veciños de Castiñeiro do Lobo(Ames) presuntos autores dun dos incendios producidos na cercanía de Santiago.

    As corridas de touros




       Pero a liberdade ten algúns límites. Hai terreos nos que a autoridade pode intervir para regular as diversións. Así, por exemplo, Carlos III prohibira as corridas de touros. E Jovellanos apoiara a medida. Houbo unha tempada –di– en que a lidia fora un “entretemento voluntario e gratuíto da nobreza”. Pero tamén fora criticada como “diversión sanguenta e bárbara”. Ademais, e sobre todo, o toureo convertérase finalmente nunha profesión exercida e con ánimo de lucro por “certa especie de home arroxados”, co que a festa fora degradada. E continúa Jovellanos:
       Así correu a sorte deste espectáculo, máis ou menos celebrado segundo o seu aparello, e tamén o gusto e enxeño das provincias que o adoptaron, sen que os maiores aplausos bastasen a librarlle dalgunha censura eclesiástica, e menos daquela con que a razón e a humanidade se reuniran para condenalo. Pero o clamor dos seus censores, lonxe de tranquilizar, irritou a adición dos seus apaixonados, e parecía empeñalos máis e máis en sostelo, cando o ceo ilustrado do piadoso Carlos III [1785] o proscribiu xeralmente, con tanto consolo dos bos espíritos como sentimentos dos que xulgan das cousas por meras aparenzas.
       É, por certo, moi digno de admiración que este punto se presentase a discusión como un problema difícil de resolver. A loita de touros non foi xamais unha diversión, nin cotiá, nin moi frecuentada, nin de tódolos pobos de España, nin xeralmente procurada e aplaudida. En moitas provincias non se coñeceu xamais; noutras circunscribiuse ás capitais, i en xanxures onde foran celebradas, o foron só a longos períodos e indo a velas o pobo das capitais e tal cal aldea circunveciña. Pódese, por tanto, calcular que de todo o pobo de España apenas a centésima parte vería algunha vez este espectáculo. ¿Cómo, pois, pretendeuse darlle o título de diversión nacional?
       Pero se tal quere chamarse porque se coñece entre nós dende moi antigo, porque sempre se concorreu a ela e celebrado con grande aplauso, porque xa non se conserva noutro país algún da culta historia, ¿quén poderá negar esta gloria ós españois que a apetezan? Sen embargo, crer que o arroxo e a destreza dunha ducia de homes, criados dende a nenez neste oficio, familiarizados cos seus riscos e que ó cabo perecen ou saen escangallados del, pódese presentar a mesma Europa como un argumento de valor e bizarría española, é un absurdo.


    A min estes "espectáculos" parécenme unha salvaxada, e quen non mellor co toreiro para sufrir... pode soar mal, inclluso cruel para algunhas persoas pero a noutras sóanos razoable. Nestas diversións ¿o touro escolle estar ahí ? NON ¿o valente e honroso toureiro? SI, e ademais faino na procura de cartiños, matan por diñeiro, a uns pobres animais que mal non lle fixeron a ninguén, só tratan de loitar por sobrevivir, e só obteñen paus, ¡que divertido ver como se arrastran polo chan sen folgos! ¡Como se erguen despois de aparatosas caídas! ¡E vaia fíxate como se desagra! ¡¡¡A orella, arríncalla!! Se lle fixeran só 1/10 do que lles fan ós touros a eles seguron que non lles parecería tan divertido. Non amosa calidades españolas, é unha vergoña e a xente que lle gustan estas cousas debería buscarse entretementos máis pacíficos para apaciguar as súas carencias mentais, todos temos pero non todos os diriximos igual, ¿qué tal ler un libro de intriga na contra de ir ver morrer un animal? E os que se atreven a vivir disto, por favor, non vos da vergoña??? Xa volo dirían máis veces pero... é tan lamentable que desfrutedes con isto... que vos diferencia dos psicópatas ¿sentides remordemento algún a non ser telo feito sufrir máis?

    Rematemos con isto, pero mentres non cese sempre agardarei ver esas radicais conrnadas que de cando en cando reciben e gan que unha milésima parte da miña dor se apacigue...uns segundos.

    Outro tema serían xa os cabalos que como vedes os pobres repatan apaleados sen causa nen culpa que son utilizados e moitas veces non son apenas axudados coma neste caso da foto superior.

    Despotismo policial

    ¿¿Quén non mirou nunca un coche de policía a toda velocidade coas luces e a serea para... ir aparcar a un bar??
    ¿¿Quén non escoitou historias nas que os policías ca súa fachenda pretendeían impoñerse á xente??
    ¿¿Quén non sabe dalgún comentario no que os nosos queridos policias aproveitándose do seu poder humillaron, inxusticiaron, intimidaron, agrediron, insultaron...a civís??
    ¿¿E que se cebaran con algún culpabel?? ¿E inocente?

    Parece que a lei e a orde hoxe por hoxe reparten discordia e desorde. Non me gusta xeralizar como en todo haberá policías que cumpren o seu traballor e procuran seren xustos... pero sexamos realistas... se os hai... escasean "un pouco"
    Tal vez tería que ser investigada a policía ou controlada...pero.. ¿por quén?


    Hai numerosas noticias sobre policias unhas boas, outras... lamentables...

    A solución???
    Son moitos as que a buscan nas palabas de Pitágoras "Educade ós nenos e non será preciso castigar ós homes"
    Moi bonito pero dame a min que educar ós nenos non é algo que se cumprise nunca polo menos en tódalas casas e ás veces malamente. O que precisamos non só os policias é un pouco de cordura mais unha pinga de sentidiño.
    Van con moita chulería, mirando por riba do hombro (¡que non sodes máis cos demais!), e atacando para protexerse...(loxicamente.. estan tan desprotexidos! só teñen armas e os antidisurbios estan amais tan mal protexidos...) mentres os civís que estan nunha folga ou sen faceren nada malo de seguro...¡van armados ata os dentes!... En fin.... ¡QUEREMOS SOLUCIÓN!

    Aquí vos deixo unhas imaxes para que matinedes:



    O famoso italiano CARLO GULIANI:



    "Quen ten poder o usa" pena que non o usen como deben...
    Anque só sexa por curiosidade..procurade no voso buscador... policia mata, policia asesina... veredes o que chegades a topar.

    Saúdos e dádelle xogo ós vosos miolos.

    Lume na Galiza

    http://blogcampesino.blogspot.com
    Arde a nosa Galiza e quén o provocou? Nós. A nosa cobiza, a nosa ansia de amasar cartos, o egoísmo, temos que espertar, solidaricémonos todos,no messenger a rosa, unámonos, a nosa tarra o esta a pasar mal, chama a sociedade, solicita que espertemos do noso letargo, galegos, españois, vascos, cataláns, alemáns, chinos... todos, amamos a nosa terra, pero uns loitan máis por ela ca outros, Galiza é unha fermosa terra que caeu nas chamas da ambición, loitemos pola nosa terra, menatlicémonos todos, non sexamos tan egoístas, os que provocaron os incendios son culpables directamente, o goberno e nós indirectamente, se nos organizásemos ben, nada disto pasaría, non hai que privatizar os empregos esenciais para o mantemento da terra se non pasan estas cousas, e logo nos lamentamos, sanemos o problema de raíz, xuntemos as nosas mans, abramos os nosos corazóns, entremos en simbiosis ca nosa mente... pensemos en frío, sexamos racionais, a solución esta ahí o lado desexando que a topemos, non podemos quedar de brazos cruzados lamentarnos e volver a nosa rutina, vemos que iso non funciona, se nos organizamos ben poderemos vivir ben e axudarnos entre nós conseguindo un mundo mellor, é unha utopía pero poderiamos tratar de facela o máis real posible, anque só sexa por esta terra que loita por vivir e poder continuar dándonos auga, aire e vida para que podamos ser felices e fundemos as nosas familias e os nosos recordos.
    Pido a toda PERSOA que se prantexe que pode facer e como podemos cambiar as catástrofes que rodean tanto a nosa terra como todo o mundo en xeral.

    Mundo Militar

    Co 1% desa cantidade, a auga potable sería accesible a toda a humanidade.
    Co 2% desa cantidade, poderiamos acabar ca fame en 10 anos.
    Co 1.8%, a enerxía renovable chegaría a todas partes e a contaminación desaparecería.

    Alguén moi importante recordoume fai pouco certa frase que coñecia pero á que non prestaba atención..
    .
    ¿Qué pasa se a unha querra non vai ninguén?
    ¿Qué pasa si a una guerra no va nadie?

    Se non queredes quedarvos de brazos cruzados apoiade:
    http://www.basesfuera.org/
    E informádevos:
    http://www.nonaogastomilitar.org/
    MySpace Layouts