Feiticeira escu...'s profileFeiticeira Escura & Fúse...PhotosBlogListsMore Tools Help

Blog


    Golpear a un menor...


    Gael Neira González, un árbitro de catorce anos, agredido por un "adulto", pai dun dos xogadores do equipo infantil del Alerta Traviesas. No campo federativo de Coia, despois dun partido co Ponteareas. Neira foi atendido dun traumatismo cranoencefálico e de diversas contusións. A día de hoxe leva collarín e ten molestias nas costas. Os árbitros da delegación viguesa decidiron non dirixir a partires deste fin de semana encontros nos que participen conxuntos do Alerta, un veto para o que non fixan final.
      OAlerta gañou por 2-1. O triunfo local, sen embargo, Neira expulsou ó entrenador local, o ex céltico Vicente Celeiro, e á delegada, María del Carmen Rodríguez. Na acta acúsaos de dirixirlle insultos como "fillo da gran puta" e ameazas. De Celeiro: "Había que darche unhas ostias, cabrón". De Rodríguez: "Sálvaste que no che dé unha boa paliza".
    O capitán do Alerta asinou a acta. Enterada do contido, y segundo o anexo que Neira redactou despois, a delegada penetrou no seu vestuario, agarrouno da pecheira i espetoulle: "Todo o que puxeches na acta é mentira. Non te chamei fillo de puta no campo, pero agora dígocho no vestuario". "Intentei pechar a porta e puxo o pé. Finalmente (...) puidenme duchar", escribe.
    Posteriormente, cando o árbitro quixo abandonar as instalacións, na cantina topouse cos xogadores, o entrenador, a delegada e varios aficionados do Alerta, que se puxeron a aplaudirlle "en tono de mofa". Cando empezou a baixar as escaleiras recibiu no pescozo o impacto dunha mochila e acercóuselle unha persoa, "home alto e moreno", que lle pegou una patada na cadeira dereita, estropeou o seu reloxo con outro golpe, escupiulle e amagou con seguilo cando Neira botou a correr. "Foi agarrado por unha persona que me pareceu o entrenador", indica.
     "Levo catro anos arbitrando. Gústame. Só unha vez me pasara algo desagradable, sen chegar a tanto", comenta. E confesa: "Non sei si volverei a arbitrar. Agora mesmo teño moitos na cabeza. Teño medo de que volva pasar. Tomarei a decisión con tempo". Anuncia que presentará unha demanda contra o agresor e a delegada e agradece a decisión dos árbitros de non pitar partidos do Alerta, o que entende como "medida de apoio".
    No Alerta, o veto arbitral causou conmoción. O presidente, Alfonso González, aclara: "O sucedido é grave, sen excusas. E ó culpable deben aplicarlle o castigo que mereza. Xa saben quén é". O suxeito foi identificado por todos como o proxenitor dun dos xogadores. "O que me doe é a decisión dos árbitros. Como clube non merecemos isto. Adicámonos ós nenos, non podemos educar ós seus pais. Nalgunha temporada os propios árbitros eloxiáronnos pola nosa deportividade".
    Lamenta que dez dos seus catorce equipos non poidan seguir competindo mentras dure o veto. "Ademais, o técnico e a delegada foron sancionados. Cando termine a investigación, probablemente clausuren o campo o Comité de Competición e nos envíen a xogar a vinte kilómetros. Os árbitros queren castigarnos dúas veces polo mesmo"
    ___________________________________________________

    Esa é a noticia supoño que xa coñecida por moitos, neste caso a información sae do Faro de Vigo, pero po caso... ¿Acaso non se sinte vergoña ante estes feitos? Eu como o rapaz non podo facer máis que apoiar a decisións dos árbitros e apoiar ó neno que continue co seu soño, mais o desgraciado de home que non ten vergoña nin dignidade que non só se atreve a atacar a un neno, senón que non está só, e o fai de costas, todas estas características despreciables soas canto máis xuntas... só agardo que seu fillo teña cabeza suficiente como para saber que o que fixo seu pai está mal e non colla exemplo... é vergoñenta a reacción dalguén a quen se atreven a definir de adulto... ese non pasou a adolescencia inda por moitos anos que teña... O primeiro que ten que amosar un pai e entereza e tranquilidade non á primeira usar a forza, é que ademais contra un neno... en fin... dende logo ese home non merece nin que se fale del. E a delegada e o coleguiña, eses maleducados ¿unha sanción? como lin por ahí o que merecen é o despido, fóra e adicádevos a outra cousa, no deporte vai falla algo de educación e sentidiño e se amosa que non teñen, a verdade entendería a reacción do clube de sentirse doidos pero se non son quen de dar a patada a estas persoas... pois quizais tampouco merecían unha sorte mellor... Coma sempre aquí debe haber media verdade, pero sexa como sexa cando un adulto se mete en cousas de nenos... nin é adulto nin é nada, se quere criar un fillo debería prantexarse antes madurar el mesmo, que lle falta bastante... ¡quen lle conte que existe o diálogo, a resignación, pero ollo tamén a perseverancia!