Feiticeira escu...'s profileFeiticeira Escura & Fúse...PhotosBlogListsMore Tools Help

Blog


    Longa Noite de PPedra


    Pois despois de moito sen escribir nada. Paso por aquí para comentar o resultado das eleccións anque sexa tarde. E para indicar un enlace a todas esas persoas que están de acordo co resultado na nosa terra e os que non. Os do PP sempre recordan o que fan mal os outros partidos, pero é máis raro ou menos común que sexa a inversa. Non quero dicir que non se faga, senón que se omite nalgunhas ocasións, e o PP é algo que non só nunca omite, senón que o repite e o repite incesantemente.

    Para poder levar conta nas próximas eleccións de todo iso que os outros partidos non nos recordan, naceu este blog: http://longanoitedeppedra.blogspot.com/ , como dixen tanto para persoas do PP, como para os demais. A todos nos pode interesar saber onde erran aquelas persoas que nos representan queiramos ou non.

    Un saúdo e unha desculpa por pasar tanto tempo na sombra, pero pode que teñamos que pasar todos 4 anos así... Esperemos que non haxa moito que poñer nese enlace.

    Galegos

    Teño na casa un antigo albume de Castelao: corenta e nove láminas en folio, cada unha ca súa lenda. Nós, chámase. Os debuxos son de fai case un século: viñetas da vida galega campesiña e mariñeira, nadas como consecuenza das folgas da época, as matanzas de labregos e o caciquismo. Imaxes e textos tan pesimistas e terribles que, en palabras do propio autor, queiman como un raio de sol a través dunha lupa. De vez en cando bótolle un vistazo ó albume, pola beleza das súas estampas e polo conmovedor sentido dos seus textos. A lámina número 9 amosa unha pobre aldeá que carga un ataude rotulado Lei mentres di: ¡Canto pesa e como fede!

    Na número 16, un neno pobre dille a outro: "O que sinto é que algún que maltratou a miña mai morra denantes de que eu chegue a home."
    E na 37 un campesiño comenta falando dos seus rapaces:

    "Téñoche un tan listo que ten 15 anos e xa non cre en Deus"
    Hai outras láminas irónicas e terribles. Incluida unha que me remove por dentro cada vez cá miro. Nela, ante unha muller resignada, un demacrado emigrante agoniza dicindo:

    "Eu non quería morrer alá. ¿Sabe, miña nai?"
    Galegos. Agora, ca historia do prestige volvín sentarme pasar as páxinas de Nós. Xa non é, por suposto, aquela Galiza onde o pobre ancián mandaba a seu fillo para Cuba e a seu neto para Melilla, e logo perdía a mísera choza por non poder pagar os impostos. Sen embargo, quedan ecos. Anque ese ángulo de España é moderno e mira ó futuro, inda conserva desdichados aires do que, tendo cambiado, nunca alcanzou a cambiar de todo: o lastre do caciquismo, a inxusticia e o olvido. Pensei moito neses días, vendo ós galegos na tele, escoitándoos falar na radio ca amarga e sabia gravidade de quen o ten todo moi claro. Conscientes dende tempos de Castelao e dende moito antes, de que as sardiñas voltarían se os Gobernos quixesen: pero os gobernos, ou non queren, ou ata agora lles importaron as sardiñas un carallo. Por iso, cando o inimigo asomou fronte a Costa da Morte eb forma de mancha de fuel, os galegos, na contra de mirar a Madrid e chorar cruzados de brazos agardando solucións ou milagres, sairon a pelexar, estoicos, que non resignados -só algúns políticos idiotas confunden unha cousa e outra- , sabendo dende o principio que ían facelo, coma sempre, sós. Con silencios, dignidade e coraxe. A rifarlle á vida ese duro combate no que son expertos dende vai séculos, deixándose a pel nas praias e no mar. Logo viu a fermosa solidaridade doutros lugares e xentes de España; e ó cabo, a lenta e torpe reacción oficial. Pero iso foi despois. Ó comezo, cando se botaron á loita, os galegos nin pedían, nin agardaban. Só contaban cos seus propios medios. E os seus collóns.

    É a lección admirable desta traxedia: a extrema dignidade galega inclusive no caos do comezo, cando a incompetencia policial e a desesperanza. Non queremos limosnas, senon axuda, repetían. Que as marquesas do Rastrillo metan os xoguetes de teis onde lles caiban, e que quede claro que a pasta recaudada por éstes ou aquéles é para pagarense as súas banderiñas, e non cousa nosa. Aquí non fai falla caridade, porque temos mans e cabeza. O que precisamos son medios técnicos e vergoña por parte da Xunta e do Goberno e da puta cós pariu. I escoitándoos, véndoos organizárense e actuar cos seus barcos e artiluxos froito do seu inxeño, i enriba írense a Francia a expricarlles ós gabachos que a marea negra non había que agardala na praia, senon ir o seu encontro con decisión e combatila en alta mar, estremecinme de admiración e orgullo confirmando nas súas verbas, nos seus rostros curtidos e duros, na firmeza das mulleres que chapoteaban entre o fango das praias, que pelexarían igual inda que tivesen quedado sós, porque o estiveron sempre, e teñen costume. Así que, a partir d'agora máis vale que os Gobernos se espabilen cas sardiñas. As cousas cambiaron dende aquel "En Galiza non se pide nada. Emígrase" de Castelao. M
    oito ollo. A nova lenda gañárona a pulso dando exemplo a toda España, i é outra: "En Galiza non se pide nada. Lóitase"

    Arturo Pérez-Reverte

    Un texto moi interesante... a dicir verdade, rememóranos a Castelao e unha das súas valiosas e fermosas obras con esa retranca que lle percorría o sangue reflictida en cada debuxo e a súa lenda. Compara o momento histórico de Castelao cun suceso que nos abateu fai pouco, a mancha negra que bañou as nosas costas...e compara as actitudes que amosamos en Galiza nun e noutro momento histórico, tendo en conta o presente, comprenderedes que non poida evitar enlazalo ca actualidade: os recentes incendios que calcinaron gran parte do verdor da nosa terra, se e que entre que nos fodan o mar e a terra imos quedar sen nada, e iso que a nosa terra deunos todo dende sempre, agora ca nosa actitude reforzada loitamos e non fuximos na procura da salvación mantemola dignidade i enfrontámonos o problema pero a verdadeira solución residiría en que non xurdisen máis problemas que solventar e máis sabendo da ineficacia dos mandamais, pido que xa que amosamos o noso cambio e a nosa actual forza contra os desastres amosemos que sabemos coudar a terra e previr antes que curar porque as vidas humanas, animais i ecolóxicas destas catástrofes non se poderán recuperar, se non queremos que se repitan. Sexamos máis sinceiros con nós mesmos e aprendamos a valorar o que realmente hai que valorar...

    Xenética galega

    Os galegos proceden da expansión dos pobos que habitaban no medio leste eurasiático no Paleolítico superior, hai uns 40.000 anos. Unha poboación ancestral que comparte características comúns co Pais Vasco ou Cataluña, co Norte de Portugal e o Sur de Francia. Con posterioridade, en Galiza aséntase un pobo centroeuropeo, procedente da cultura celta. O terceiro aporte xenético dos galegos chega coa romanización.

    É consecuenza do factor xeográfico e do escaso recambio de poboación, polo que é a zona de España, con maior porcentaxe de poboación autóctona (preto dun 75 por cento). A investigación trata de coñecer a formación xenética dos galegos. Na España, a zona onde menos mesturas xenéticas se teñen producido é Galiza . É onde a hibridación ten sido menor.

    "Non existe un prototipo de poboación galega, como non existe un prototipo de poboación vasca, porque existe unha heteroxeneidade moi forte, pero si que existen diferencias sobre os aportes xenéticos en cada zona".

    En Galiza existe incluso diferencias xenéticas en función de cada territorio. Nas Rías Baixas descubriuse un aporte mediterráneo relevante, en Ourense a presentan máis similitudes coa Meseta, mentres que na Terra Cha (Lugo) as incorporacións xenéticas novas son menores polo que subxace con máis intensidade o sustrato orixinario da poboación centroeuropea. Nin o clima nin a alimentación inflúen nas modificacións xenéticas da poboación. As peculiares características orográficas de Galiza sí que provocaron en cambio diferentes "subestructuras" xenéticas na poboación ubicada no territorio galego.

    "As barreiras xeográficas entre pobos impediron as mesturas.”

    Como consecuencia das diferentes aportacións xenéticas o perfil do galego é o dunha persoa de complexión máis ben baixa, ancho, forte, rubicundo e coloradiño. "Non por ser un estereotipo deixa de ser menos real".Mais non é un rasgo exclusivo do territorio galego. "O prototipo celta atópase en Galiza", afirma o catedrático de Antropoloxia de Santiago.

    "Aparte", agrega "é que a cultura celta forma parte da mitoloxía, da arqueoloxía, do perfil cultural dunha Galiza prerromana".

     

     

    Xose Luís Blázquez