Feiticeira escu...'s profileFeiticeira Escura & Fúse...PhotosBlogListsMore ![]() | Help |
Feiticeira Escura & FúserDemasiados puntos febles para tan pouco mundo Longa Noite de PPedraPois despois de moito sen escribir nada. Paso por aquí para comentar o resultado das eleccións anque sexa tarde. E para indicar un enlace a todas esas persoas que están de acordo co resultado na nosa terra e os que non. Os do PP sempre recordan o que fan mal os outros partidos, pero é máis raro ou menos común que sexa a inversa. Non quero dicir que non se faga, senón que se omite nalgunhas ocasións, e o PP é algo que non só nunca omite, senón que o repite e o repite incesantemente. ![]() ![]() Golpear a un menor...
Gael
Neira González, un árbitro de catorce anos, agredido por un "adulto", pai dun dos xogadores do equipo infantil
del Alerta Traviesas. No campo federativo
de Coia, despois dun partido co Ponteareas. Neira foi atendido dun traumatismo cranoencefálico e de diversas contusións. A día de hoxe leva collarín e ten molestias nas costas. Os árbitros da
delegación viguesa decidiron non dirixir a partires deste fin de
semana encontros nos que participen conxuntos do Alerta, un veto
para o que non fixan final.OAlerta gañou por 2-1. O triunfo local, sen embargo, Neira expulsou ó entrenador local, o ex céltico Vicente Celeiro, e á delegada, María del Carmen Rodríguez. Na acta acúsaos de dirixirlle insultos como "fillo da gran puta" e ameazas. De Celeiro: "Había que darche unhas ostias, cabrón". De Rodríguez: "Sálvaste que no che dé unha boa paliza". O capitán do Alerta asinou a acta. Enterada do contido, y segundo o anexo que Neira redactou despois, a delegada penetrou no seu vestuario, agarrouno da pecheira i espetoulle: "Todo o que puxeches na acta é mentira. Non te chamei fillo de puta no campo, pero agora dígocho no vestuario". "Intentei pechar a porta e puxo o pé. Finalmente (...) puidenme duchar", escribe. Posteriormente, cando o árbitro quixo abandonar as instalacións, na cantina topouse cos xogadores, o entrenador, a delegada e varios aficionados do Alerta, que se puxeron a aplaudirlle "en tono de mofa". Cando empezou a baixar as escaleiras recibiu no pescozo o impacto dunha mochila e acercóuselle unha persoa, "home alto e moreno", que lle pegou una patada na cadeira dereita, estropeou o seu reloxo con outro golpe, escupiulle e amagou con seguilo cando Neira botou a correr. "Foi agarrado por unha persona que me pareceu o entrenador", indica. "Levo catro anos arbitrando. Gústame. Só unha vez me pasara algo desagradable, sen chegar a tanto", comenta. E confesa: "Non sei si volverei a arbitrar. Agora mesmo teño moitos na cabeza. Teño medo de que volva pasar. Tomarei a decisión con tempo". Anuncia que presentará unha demanda contra o agresor e a delegada e agradece a decisión dos árbitros de non pitar partidos do Alerta, o que entende como "medida de apoio". No Alerta, o veto arbitral causou conmoción. O presidente, Alfonso González, aclara: "O sucedido é grave, sen excusas. E ó culpable deben aplicarlle o castigo que mereza. Xa saben quén é". O suxeito foi identificado por todos como o proxenitor dun dos xogadores. "O que me doe é a decisión dos árbitros. Como clube non merecemos isto. Adicámonos ós nenos, non podemos educar ós seus pais. Nalgunha temporada os propios árbitros eloxiáronnos pola nosa deportividade". Lamenta que dez dos seus catorce equipos non poidan seguir competindo mentras dure o veto. "Ademais, o técnico e a delegada foron sancionados. Cando termine a investigación, probablemente clausuren o campo o Comité de Competición e nos envíen a xogar a vinte kilómetros. Os árbitros queren castigarnos dúas veces polo mesmo" ___________________________________________________ Esa é a noticia supoño que xa coñecida por moitos, neste caso a información sae do Faro de Vigo, pero po caso... ¿Acaso non se sinte vergoña ante estes feitos? Eu como o rapaz non podo facer máis que apoiar a decisións dos árbitros e apoiar ó neno que continue co seu soño, mais o desgraciado de home que non ten vergoña nin dignidade que non só se atreve a atacar a un neno, senón que non está só, e o fai de costas, todas estas características despreciables soas canto máis xuntas... só agardo que seu fillo teña cabeza suficiente como para saber que o que fixo seu pai está mal e non colla exemplo... é vergoñenta a reacción dalguén a quen se atreven a definir de adulto... ese non pasou a adolescencia inda por moitos anos que teña... O primeiro que ten que amosar un pai e entereza e tranquilidade non á primeira usar a forza, é que ademais contra un neno... en fin... dende logo ese home non merece nin que se fale del. E a delegada e o coleguiña, eses maleducados ¿unha sanción? como lin por ahí o que merecen é o despido, fóra e adicádevos a outra cousa, no deporte vai falla algo de educación e sentidiño e se amosa que non teñen, a verdade entendería a reacción do clube de sentirse doidos pero se non son quen de dar a patada a estas persoas... pois quizais tampouco merecían unha sorte mellor... Coma sempre aquí debe haber media verdade, pero sexa como sexa cando un adulto se mete en cousas de nenos... nin é adulto nin é nada, se quere criar un fillo debería prantexarse antes madurar el mesmo, que lle falta bastante... ¡quen lle conte que existe o diálogo, a resignación, pero ollo tamén a perseverancia! Mulleres sacade as garras e non derramedes máis bágoasPor qué sigo a chorar, E cada vez que o fago, Isto faime enfermar. Desexaría poder volverme insensible. Odio sentir que me rompan o corazón e non sentir, Non sinto nada máis ca dor, Pero o amor q me deches sentíase tan real. ![]()
Amo a todos os meus amigos pero non é o mesmo, Para min eles son a miña familia, Para eles isto é só un xogo Encántame desfrutar a miña vida Ser feliz coas alegrias dun amante Pero cada vez que consigo un, eles me destrozan, ata o último pedazo da folla da guadaña. Berraremos ata que nos escoitesTemos que facernos oír, todos xuntos somos máis fortes! RAZÓN: Despois da primera sentada por unha vivenda digna convocáronse moitas outras,todas elas desorganizadas e disgregadas nunhas poucas ciudades. Este é un problema a nivel estatal, é por iso que se convoca unha Macro-Manifestación, non unha macro-sentada, para o *SABADO 23 DE DECEMBRO ÁS 17:00 HORAS**, convócase con tanta antelación para que se difunda o máximo posible,prégase a todo o que reciba a mensaxe ca difunda como se lle ocorra: panfletos, mails, foros de internet, cartas ós medios de comunicación, a todo tipo de asociacións... CÓMO SE REALIZARÁ: Esta manifestación farase en forma de marcha cortando o tráfico polas principais rúas de España xa que quedou claro que as simples sentadas non son atendidas, anque sen abandoar o espíritu pacífico co que esta iniciativa naceu. Se a policía detén a marcha, volverase ó punto inicial pacíficamente, sen enfrontamentos, e agardarase a que se poida reanudar, no caso de non poder facerse, convertirase nunha sentada máis pero se chamará máis a atención. Debido as datas navideñas da MACRO-MANIFESTACIÓN será o eslogan principal : "Non podemos voltar a casa por nadal CIDADES CONVOCADAS:
porque inda no marchamos dela." (Se a túa non esta comunícao cun comentario) Madrid: Puerta del Sol Huesca: Plaza Navarra Girona: Plaça de correus DEVESA Barcelona: Plaça Catalunya Zaragoza: Plaza del Pilar Salamanca: Plaza Mayor Valladolid: Plaza Mayor Pamplona: Plaza del Castillo Vigo: Porta do Sol Elche: Plaça Baix Collado Villalba (Madrid): Plaza del Ayuntamiento A/La Coruña: Plaza de Maria Pita Toledo: Plaza de Zocodover Córdoba: Plaza de las Tendillas Palencia: Plaza Mayor León: Plaza de San Marcelo Bilbao: Plaza del Teatro Arriaga. Granada: Fuente de las Batallas Badajoz: Plaza de San Francisco Málaga: Plaza de la Constitución Sevilla: Plaza Nueva Valencia: Plaza de San Agustín Albacete: Plaza del Altozano Talavera de la Reina: PZ EL PAN Se cres que es libre é que no voaches o suficiente como para toparte cas túas rexas. Todos unidos, a ver se os malditos políticos se enteran... Tras esta convocatoria agardo que si se presente moita xente, non como nas outras que non foron moi alá, atendendo as datas todo o mundo se comezará a reunir ca familia e non quererán asistir a un evento como este, dahí temos dúas opcións ou levamos connosco a tódolos familiares que apoien a mobilización e poderemos desfrutar deles reibindicándonos ou o deixamos todo e imos berrar. Obviamente podemos dar media volta e quedar quentes no sofá, ir mercar agasallos ou pasar un bo rato cos amigos ou ca parella, pero que mellor sentimento que o de sentirse parte dun grupo, dunha loita que merece gañar, sei que moitos xa non tedes esperanza e non credes que nos vaian oir... i eu pregunto como nos van oir se a meirande parte de nós se rende antes de comezar. Ainda que sexa só polas datas, ou só por unha vez, regaládelle os vosos fillos, os vosos sobriños o apoio que precisan para poder independizarse... facédeo por vós por eles... dade a cara polos dereitos que temos e que os nosos gobernantes deixen de facer oidos xordos xa que nós non expresamos palabras necias. UN ÁTOMO FAI SOMBRA O MUNDO MÓVESE POLA INTERACCIÓN DE INFINITOS ÁTOMOS Amosemos que sabemos unirnos e cooperar polo noso ben O POBO VENCIDO XAMAIS ESTIVO UNIDO mais... O POBO UNIDO XAMAIS SERA VENCIDO Botemos unha man de cando en candoAnimaliños!!! E animais... ¿¿É bonito verdade??E cando creza... ¿¿seguirá a ser bonito?? E o máis importante... ¿será feliz? ¿Gozará dunha vida digna? A crueldade cos animais esta presente en tódolos recunchos do mundo... moitos animalillos non o descubrirán na súa pel pero..outros non terán esa sorte, e da igual que sexan animais domésticos ou salvaxes, todos son tratados con sengue fría e odio, o seren maltratados ou abandoados... este canciño amósase doce e agarimoso ¿¿como deixaredes que remate?? Como poderedes ver no enlace ó maltrato os animais non esta penado como debera, e como informa a imaxe dámoslle máis importancia ás veces a parte material... Con isto gustaríame que os que estedes na contra do sistema legal para cos animais e a casi total impunidade para seus maltratadores botarades unha ollada clichando na foto e axudando se podedes. Observade a crueldade da xente con este neno e seu can, posiblemente seu mellor amigo e un dos poucos ós que tiña... Click na imaxe pa ver esa e outras historias deste calibre. Miren.. que hombría, que elegancia, que valor, canta paixón... sexamos realistas eles van ben protexidos e armados co peorciño e inda se atreven a dicir que o coitado animal non sofre... non podo crelo... e se levan estes "honrosos homes" algunha cornada estalles merecido, ¿qué ten de honorable esmagar a un animal por fachenda ou cartos? É humillante pensar que isto segue en pé.. e que algúns inda o defenden, ou incluso o admiran como a realización do home, se isto é ser home daríame noxo selo... e non é só iso estas corridas e actividades pagámolas nós que xa ten sarcasmo o asunto, ¿pagamos para que outros torturen a un animal ata a morte? ¿¿Cómo o permitimos?? Se o tivesen q pagar eles igual o pensaban duas veces e se eles fosen o touro xa non dubido que non quererías pero parece que ó no poder falar tampouco poden sentir... "humanos descerebrados"... Sé queredes ver a realidade das corridas de touros clickade na imaxe.Pero é que os proteccionistas non entendemos a sublime beleza da morte do touro, e ademais somos moi esaxerados... ![]() ![]() Isto tampouco ten nome... xoguemos a ser Deus.. vai se lle quito isto morre, seguinte!..anda se lle quito isto tamén, traédeme outro, e se lle extirpo isto daquí...? Deixade de xogar cos animais e mirádevos ben antes a ver se tedes realmente tal sangre fría pa facer o que facedes porque seguro que non vos gustaría que llo fixen ós vosos fillos, a les tampouco lles gusta.. Aquí estan probando a cicatrización das feridas...![]() Teñen unha fermosa pel... e como nos gusta arrincámoslla e ala, pa casa e se lla arrincas vivo non a estropearás.. que máis ten que sufra, de hoxe non pasa, non?? A moitos arrincáballes algo máis ca pel, se se sinten tan acomplexados que precisan ocultar os seus medos con peles que tratan de amosar luxo i elegancia que baixen das nubes, amosan seren indignas e manipulables, así como crueis e desconsideradas.![]() ![]() ![]() O Ciprianillo ou Salterio de San CibránSegundo as crenzas galegas, era un libro de maxia no que se atopaban as artes
diabólicas e os rituais necesarios para a busca e achado dos tesouros
que os "encantos" e os "mouros" tiñan gardados nos castros, furnas e
mámoas. Tamén quen o posuía, tiña o poder de facer fuxir ó demo. Foi un libro de culto xeral en Galicia, desexado e buscado por moitos. Quizás o seu éxito era debido ó incalculable número de tesouros buscados nos monumentos prehistóricos, ou tamén pola abundancia de metais nativos e preciosos no noso chan. Por toda Galicia, en moitas das súas aldeas, existía a crenza popular , que había quen tiña escondido este tan famoso libro, e este feito deu lugar a moitísimas lendas e contos. O Ciprianillo tratábase dun arcano volume composto de rituais e
receitas máxicas, envolto nun profundo misterio, tanto no que se refire
á súa composición xeral, coma no que respecta á súa orixe, que é
atribuída a San Cibrán, pero a realidade é que se perde na profundidade
dos tempos. Dicíase que este laborioso traballo contiña tamén técnicas
de exorcismo, e rituais contra os feitizos, o mal de ollo e o meigallo,
segredos místicos sobre xenios bos e malos, etc.Na acepción vulgar galega, o encanto é un ente misterioso da mitoloxía popular que se converte en ser material e activo, malia as súas calidades sobrenaturais. Os encantos, coma tamén os mouros e outros seres místicos da nosa terra, son os que gardaban os haberes ou fabulosos tesouros que se pensaba, estaban agachados nas covas, nos conventos derrubados, nos castelos ruinosos, e en todos aqueles lugares abandonados. Para usar con éxito o Ciprianillo había que busca-la "herba cabreira" e, ademais, era necesaria a presencia dun cura que, revestido de estola, soubese ler e "desler" no fantástico libro e que tamén tivese moito valor, porque cando saíse o encanto en forma de serpe, non debía suspende-la lectura nin fuxir, pois se facía unha ou outra cousa quedaría enfeitizado el e os seus acompañantes. Esta cerimonia ou práctica supersticiosa había que realizala formando un círculo no chan e meténdose nel. Unha vez dentro todo o grupo, e lendo o cura sen deterse tódalas fórmulas e ensalmos do libro, o feitizo amosábase coas ocultas riquezas, deixábaas e desaparecía tan axiña se debuxase unha cruz dentro do mesmo círculo. Algúns dos nosos escritores deron por certa a existencia do Ciprianillo, entre eles Barreiro de Vázquez Varela no seu libro "Brujos y astrólogos de Galicia". Afirmaba Murguía que no contido deste libro de grande sona e nas fórmulas que nel se expoñían, eran visibles as pegadas das supersticións celtas. O Ciprianillo tamén era unha axuda para facer pactos con espíritos infernais sen sufrir dano ningún. Para iso, o que se dicía é que había que trazar no chan un círculo cunha rama de abeleira, despois de ter dito unha serie de frases en latín con moita devoción e levar un carneiro negro. Dese xeito, logo aparecerían moitos fantasmas porque o demo non quería que se descubrisen as súas riquezas ocultas. Pero o buscador de tesouros non debía fuxir senón todo o contrario. Esta crenza sobre o libro é compartida tamén cos asturianos, onde algúns cren que se agochaba o libro. Tamén se dicía que nun capitulo deste libro, estaba explicada a forma de facer chover e afasta-las treboadas, seguindo para iso unha serie de rituais. O Ciprianillo sempre foi un libro moi difícil de conseguir, porque era celosamente gardado e fixo afastar demos e malos espíritos ó longo dos séculos nas lendas e crenzas galegas. Por outra banda, a lenda asturiana engádelle outras aplicacións aparte da de servir de auxilio para topar tesouros: nun capítulo ensina a compor a vara fulminante, ca que se podería facer chover e afastar as tormentas. Arrincábase unha vara da aveleita dun determinado xeito e despois realizábase un determinado ritual para que adquirise poder máxico. Lenda celta![]()
Coma seu avó Breogán, venceu en tódalas batallas,
polo que recibiu o nome de Mil ou Miled. Gobernou bastantes anos ata que morreu preso dunha enfermidade.
Himno galego Estreado no 1907 en A Habana, froito, como a bandeira e o escudo,
da emigración; pero non se fará oficial ata o 1908. É o poema "Os Pinos" de Eduardo
Pondal no que non nomea a Galiza en si senon que como é habitual nel a califica como "fogar de Breogán". O tema central do poema/himno é claro: ca Galiza esperte do seu sono i empreda o camiño cara á liberdade, xa que non pode esquecer as inxurias i escoite os pinos rumorosos (o pobo galego).¿Que
din os rumorosos Letra: Eduardo Pondal PoesíaForcadela GalegosTeño na casa un antigo albume de Castelao: corenta e nove láminas en folio, cada unha ca súa lenda. Nós, chámase. Os debuxos son de fai case un século: viñetas da vida galega campesiña e mariñeira, nadas como consecuenza das folgas da época, as matanzas de labregos e o caciquismo. Imaxes e textos tan pesimistas e terribles que, en palabras do propio autor, queiman como un raio de sol a través dunha lupa. De vez en cando bótolle un vistazo ó albume, pola beleza das súas estampas e polo conmovedor sentido dos seus textos. A lámina número 9 amosa unha pobre aldeá que carga un ataude rotulado Lei mentres di: ¡Canto pesa e como fede! ![]() Na número 16, un neno pobre dille a outro: "O que sinto é que algún que maltratou a miña mai morra denantes de que eu chegue a home." E na 37 un campesiño comenta falando dos seus rapaces: "Téñoche un tan listo que ten 15 anos e xa non cre en Deus"Hai outras láminas irónicas e terribles. Incluida unha que me remove por dentro cada vez cá miro. Nela, ante unha muller resignada, un demacrado emigrante agoniza dicindo: "Eu non quería morrer alá. ¿Sabe, miña nai?"Galegos. Agora, ca historia do prestige volvín sentarme pasar as páxinas de Nós. Xa non é, por suposto, aquela Galiza onde o pobre ancián mandaba a seu fillo para Cuba e a seu neto para Melilla, e logo perdía a mísera choza por non poder pagar os impostos. Sen embargo, quedan ecos. Anque ese ángulo de España é moderno e mira ó futuro, inda conserva desdichados aires do que, tendo cambiado, nunca alcanzou a cambiar de todo: o lastre do caciquismo, a inxusticia e o olvido. Pensei moito neses días, vendo ós galegos na tele, escoitándoos falar na radio ca amarga e sabia gravidade de quen o ten todo moi claro. Conscientes dende tempos de Castelao e dende moito antes, de que as sardiñas voltarían se os Gobernos quixesen: pero os gobernos, ou non queren, ou ata agora lles importaron as sardiñas un carallo. Por iso, cando o inimigo asomou fronte a Costa da Morte eb forma de mancha de fuel, os galegos, na contra de mirar a Madrid e chorar cruzados de brazos agardando solucións ou milagres, sairon a pelexar, estoicos, que non resignados -só algúns políticos idiotas confunden unha cousa e outra- , sabendo dende o principio que ían facelo, coma sempre, sós. Con silencios, dignidade e coraxe. A rifarlle á vida ese duro combate no que son expertos dende vai séculos, deixándose a pel nas praias e no mar. Logo viu a fermosa solidaridade doutros lugares e xentes de España; e ó cabo, a lenta e torpe reacción oficial. Pero iso foi despois. Ó comezo, cando se botaron á loita, os galegos nin pedían, nin agardaban. Só contaban cos seus propios medios. E os seus collóns. É a lección admirable desta traxedia: a extrema dignidade galega inclusive no caos do comezo, cando a incompetencia policial e a desesperanza. Non queremos limosnas, senon axuda, repetían. Que as marquesas do Rastrillo metan os xoguetes de teis onde lles caiban, e que quede claro que a pasta recaudada por éstes ou aquéles é para pagarense as súas banderiñas, e non cousa nosa. Aquí non fai falla caridade, porque temos mans e cabeza. O que precisamos son medios técnicos e vergoña por parte da Xunta e do Goberno e da puta cós pariu. I escoitándoos, véndoos organizárense e actuar cos seus barcos e artiluxos froito do seu inxeño, i enriba írense a Francia a expricarlles ós gabachos que a marea negra non había que agardala na praia, senon ir o seu encontro con decisión e combatila en alta mar, estremecinme de admiración e orgullo confirmando nas súas verbas, nos seus rostros curtidos e duros, na firmeza das mulleres que chapoteaban entre o fango das praias, que pelexarían igual inda que tivesen quedado sós, porque o estiveron sempre, e teñen costume. Así que, a partir d'agora máis vale que os Gobernos se espabilen cas sardiñas. As cousas cambiaron dende aquel "En Galiza non se pide nada. Emígrase" de Castelao. Moito ollo. A nova lenda gañárona a pulso dando exemplo a toda España, i é outra: "En Galiza non se pide nada. Lóitase" Arturo Pérez-Reverte Un texto moi interesante... a dicir verdade, rememóranos a Castelao e unha das súas valiosas e fermosas obras con esa retranca que lle percorría o sangue reflictida en cada debuxo e a súa lenda. Compara o momento histórico de Castelao cun suceso que nos abateu fai pouco, a mancha negra que bañou as nosas costas...e compara as actitudes que amosamos en Galiza nun e noutro momento histórico, tendo en conta o presente, comprenderedes que non poida evitar enlazalo ca actualidade: os recentes incendios que calcinaron gran parte do verdor da nosa terra, se e que entre que nos fodan o mar e a terra imos quedar sen nada, e iso que a nosa terra deunos todo dende sempre, agora ca nosa actitude reforzada loitamos e non fuximos na procura da salvación mantemola dignidade i enfrontámonos o problema pero a verdadeira solución residiría en que non xurdisen máis problemas que solventar e máis sabendo da ineficacia dos mandamais, pido que xa que amosamos o noso cambio e a nosa actual forza contra os desastres amosemos que sabemos coudar a terra e previr antes que curar porque as vidas humanas, animais i ecolóxicas destas catástrofes non se poderán recuperar, se non queremos que se repitan. Sexamos máis sinceiros con nós mesmos e aprendamos a valorar o que realmente hai que valorar... ![]() ![]() Os celtas25.000 anos a. C.: a primera
especie protohumana que ocupa a Península ibérica é a
d Neanderthal durante o Paleolítico (época de pedra tallada). Eran nómadas e vivían ó norte de España. Non formaron
grupos permanentes anque soían residir preto dos ríos. A caza e a pesca eran importantes para eles, así como a recolección
de froitos silvestres.Coñecían ó lume.Tamén
tallaban pedras que lles servían como instrumentos de caza. e armas
de guerra. Posteriormente, outro grupo llamado capsiense,
que proviña de África, ocupou o sur e sureste
da Península. Éstes tiñan una organización
social máis avanzada e se destacaba entre eles o caudillo de guerra. A arte rupestre (nas rochas) da rexión cantábrica
é de fai 10.000 anos. Podense ver nas covas de
Altamira (Santander) figuras de bisontes, mamuts, osos e renos de
grande realismo. Na rexión levantina, atópanse
pinturas activas de esceas de guerra e caza de fai 5.000 anos en Cogul (Lérida), Teruel e Alpera (Albacete). 1.000 a. de C.: Os celtas:
veñen dol norte de Europa.Cruzaron os
Pirineos e ocuparon a Meseta castellá e os actuais Galiza e Portugal. Son os orixinais lusitanos ou portugueses. Pastores e agricultores, así como pescadores e cazadores. Toñan unha industria de cerámica e e tecidos, tamén
usaban metais. Eran individuos belicosos que practicaban o sitema
de guerrillas i emboscadas. Nunca foron dominados completamente
polos superiores exércitos romanos. Non crearon nacións. Cara ó século V a. C., varios grupos iberos foron expulsados de Francia
polos galos e tiveron que enfrontarse cos celtas, a quen lograron
dominar. Feita a paz entre os dous grupos, e por mor de matrimonios
mixtos, creouse unha nova «nación» chamada Celtiberia,
nome dado ós grupos mixtos de iberos e celtas, ou celtíberos. Organizáronse en grandes tribus e gobernábanse por medio de asambleas
do pobo ou xefes militares. Eran moi independentes e belicosos.
A cidade máis famosa dos celtíberos é Numancia
(cerca de Soria), que loitou ata a morte total de tódolos numantinos
(en 134 a. C.) en lugar de entregarse vivos a Roma.![]() Os celtas saimos da comarca comprendida entre o Rin, o Elba e o Danubio fai entre VIII e X séculos. Pertenciamos a unha raza aria ou indoeuropea, polo que eramos irmáns da orixe xermana, eslava, tracia, india, persa, italiana, grega, etc... MeigasAs meigas son mulleres adoradoras do diaño e que cos seus ritos poden facer maleficios. Esta superstición obriga a unha serie de ritos moi especiais para escorrentar posibles perigos: gardar unha ferradura no fogar, tras a porta de entrada, ou levar consigo un dente de allo, una castana pilonga ou varios obxectos que libren do mal de ollo ou otros feitizos. O específico da identidade das Meigas é a vellez, acrecentada pola dureza, a crueldade e a vinganza, anque tamén ás veces son boas. Polo xeral as gentes sinxelas as temen ou as rexeitan, pero tamén as buscan, cando con ensalmos acuden a elas para curar algunha dor ou para descubrir o porvir. Tiñan as Meigas unha idea real, se ben fantástica, das facultades superiores das que se crían dotadas; e cando nun proceso se lle preguntou a unha delas se fora polo aire montada nunha vasoira, contestou: ¡ Iso por suposto, xa se sabe! ![]() Métodos para protexerse das meigas Levar no pescozo un colar de ramas de mórdago, allo ou cunchas. Cravar sobre as portas das casas, morcegos, espunllos de galo, colas de lobo, ferraduras de cabalo. Ter en casa terra bendita dos cemiterios, sal, tixeiras abertas ós pés da cama, orina de cabalo, cordas de aforcados. Buscar garras de fera, patas de ave de presa, pedras furadas. Poser en forma de variñas, colgantes ou pectorais, anacos de azabache, ámbar e distintas pedras capaces de rexeitar os velenos i encantamentos. ![]() O lume non xurdiu da nadaVeleiquí "presuntos"culpables da queima da terra e o abrasamento de decenas de animais así como miles de hectáreas de terra verde e marabillosa da Galiza.
As corridas de touros![]() ![]() Pero a liberdade ten algúns
límites. Hai terreos nos que a autoridade pode intervir para regular as
diversións. Así, por exemplo, Carlos III prohibira as corridas de touros. E
Jovellanos apoiara a medida. Houbo unha tempada –di– en que a lidia fora un
“entretemento voluntario e gratuíto da nobreza”. Pero tamén fora criticada como
“diversión sanguenta e bárbara”. Ademais, e sobre todo, o toureo convertérase
finalmente nunha profesión exercida e con ánimo de lucro por “certa especie de
home arroxados”, co que a festa fora degradada. E continúa Jovellanos: A min estes "espectáculos" parécenme unha salvaxada, e quen non mellor co toreiro para sufrir... pode soar mal, inclluso cruel para algunhas persoas pero a noutras sóanos razoable. Nestas diversións ¿o touro escolle estar ahí ? NON ¿o valente e honroso toureiro? SI, e ademais faino na procura de cartiños, matan por diñeiro, a uns pobres animais que mal non lle fixeron a ninguén, só tratan de loitar por sobrevivir, e só obteñen paus, ¡que divertido ver como se arrastran polo chan sen folgos! ¡Como se erguen despois de aparatosas caídas! ¡E vaia fíxate como se desagra! ¡¡¡A orella, arríncalla!! Se lle fixeran só 1/10 do que lles fan ós touros a eles seguron que non lles parecería tan divertido. Non amosa calidades españolas, é unha vergoña e a xente que lle gustan estas cousas debería buscarse entretementos máis pacíficos para apaciguar as súas carencias mentais, todos temos pero non todos os diriximos igual, ¿qué tal ler un libro de intriga na contra de ir ver morrer un animal? E os que se atreven a vivir disto, por favor, non vos da vergoña??? Xa volo dirían máis veces pero... é tan lamentable que desfrutedes con isto... que vos diferencia dos psicópatas ¿sentides remordemento algún a non ser telo feito sufrir máis? Rematemos con isto, pero mentres non cese sempre agardarei ver esas radicais conrnadas que de cando en cando reciben e gan que unha milésima parte da miña dor se apacigue...uns segundos.
Outro tema serían xa os cabalos que como vedes os pobres repatan apaleados sen causa nen culpa que son utilizados e moitas veces non son apenas axudados coma neste caso da foto superior. Despotismo policial¿¿Quén non mirou nunca un coche de policía a toda velocidade coas luces e a serea para... ir aparcar a un bar?? ¿¿Quén non escoitou historias nas que os policías ca súa fachenda pretendeían impoñerse á xente?? ¿¿Quén non sabe dalgún comentario no que os nosos queridos policias aproveitándose do seu poder humillaron, inxusticiaron, intimidaron, agrediron, insultaron...a civís?? ¿¿E que se cebaran con algún culpabel?? ¿E inocente? Parece que a lei e a orde hoxe por hoxe reparten discordia e desorde. Non me gusta xeralizar como en todo haberá policías que cumpren o seu traballor e procuran seren xustos... pero sexamos realistas... se os hai... escasean "un pouco" Tal vez tería que ser investigada a policía ou controlada...pero.. ¿por quén? Hai numerosas noticias sobre policias unhas boas, outras... lamentables... ![]() A solución??? Son moitos as que a buscan nas palabas de Pitágoras "Educade ós nenos e non será preciso castigar ós homes" Moi bonito pero dame a min que educar ós nenos non é algo que se cumprise nunca polo menos en tódalas casas e ás veces malamente. O que precisamos non só os policias é un pouco de cordura mais unha pinga de sentidiño. Van con moita chulería, mirando por riba do hombro (¡que non sodes máis cos demais!), e atacando para protexerse...(loxicamente.. estan tan desprotexidos! só teñen armas e os antidisurbios estan amais tan mal protexidos...) mentres os civís que estan nunha folga ou sen faceren nada malo de seguro...¡van armados ata os dentes!... En fin.... ¡QUEREMOS SOLUCIÓN! Aquí vos deixo unhas imaxes para que matinedes: ![]() ![]() ![]() O famoso italiano CARLO GULIANI: ![]() ![]() ![]() "Quen ten poder o usa" pena que non o usen como deben... Anque só sexa por curiosidade..procurade no voso buscador... policia mata, policia asesina... veredes o que chegades a topar. Saúdos e dádelle xogo ós vosos miolos. Lume na Galiza http://blogcampesino.blogspot.comArde a nosa Galiza e quén o provocou? Nós. A nosa cobiza, a nosa ansia de amasar cartos, o egoísmo, temos que espertar, solidaricémonos todos,no messenger a rosa, unámonos, a nosa tarra o esta a pasar mal, chama a sociedade, solicita que espertemos do noso letargo, galegos, españois, vascos, cataláns, alemáns, chinos... todos, amamos a nosa terra, pero uns loitan máis por ela ca outros, Galiza é unha fermosa terra que caeu nas chamas da ambición, loitemos pola nosa terra, menatlicémonos todos, non sexamos tan egoístas, os que provocaron os incendios son culpables directamente, o goberno e nós indirectamente, se nos organizásemos ben, nada disto pasaría, non hai que privatizar os empregos esenciais para o mantemento da terra se non pasan estas cousas, e logo nos lamentamos, sanemos o problema de raíz, xuntemos as nosas mans, abramos os nosos corazóns, entremos en simbiosis ca nosa mente... pensemos en frío, sexamos racionais, a solución esta ahí o lado desexando que a topemos, non podemos quedar de brazos cruzados lamentarnos e volver a nosa rutina, vemos que iso non funciona, se nos organizamos ben poderemos vivir ben e axudarnos entre nós conseguindo un mundo mellor, é unha utopía pero poderiamos tratar de facela o máis real posible, anque só sexa por esta terra que loita por vivir e poder continuar dándonos auga, aire e vida para que podamos ser felices e fundemos as nosas familias e os nosos recordos. Pido a toda PERSOA que se prantexe que pode facer e como podemos cambiar as catástrofes que rodean tanto a nosa terra como todo o mundo en xeral. Amor dañinoCando a conoñecín tiña 16 anos. Foi amor a primeira vista. Enloquecíame; o noso amor chegou a un punto, que xa non conseguía vivir sen ela. Pero era un amor prohibido. Meus pais non a aceptaron. Fun expulsado do colexo e comezamos a toparnos a escondidas. Pero ahí non aguantei máis, volvinme tolo. Queríaa, pero non a tiña. Non podía permitir que me apartaran dela. Amábaa: destrocei o coche, rompino todo dentro de casa y case mato á miña irmá. Estaba louco, precisábaa. Foramos presentados nunha festa, por un "tíio" que dicía ser meu amigo. Hoxe teño 39 anos; estou internado nun hospital, son inútil e vou a morrer abandoado por meuis pais, amigos e por ela. Seu nome? _____ COCAÍNA ____ A ela débolle o meu amor, a miña vida, a miña destrucción e a miña morte. By Freddie Mercury antes de morrer de sida. Xenética galega
Os galegos proceden da expansión dos pobos que habitaban no medio leste eurasiático no Paleolítico superior, hai uns 40.000 anos. Unha poboación ancestral que comparte características comúns co Pais Vasco ou Cataluña, co Norte de Portugal e o Sur de Francia. Con posterioridade, en Galiza aséntase un pobo centroeuropeo, procedente da cultura celta. O terceiro aporte xenético dos galegos chega coa romanización. É consecuenza do factor xeográfico e do escaso recambio de poboación, polo que é a zona de España, con maior porcentaxe de poboación autóctona (preto dun 75 por cento). A investigación trata de coñecer a formación xenética dos galegos. Na España, a zona onde menos mesturas xenéticas se teñen producido é Galiza . É onde a hibridación ten sido menor. "Non existe un prototipo de poboación galega, como non existe un prototipo de poboación vasca, porque existe unha heteroxeneidade moi forte, pero si que existen diferencias sobre os aportes xenéticos en cada zona". En Galiza existe incluso diferencias xenéticas en función de cada territorio. Nas Rías Baixas descubriuse un aporte mediterráneo relevante, en Ourense a presentan máis similitudes coa Meseta, mentres que na Terra Cha (Lugo) as incorporacións xenéticas novas son menores polo que subxace con máis intensidade o sustrato orixinario da poboación centroeuropea. Nin o clima nin a alimentación inflúen nas modificacións xenéticas da poboación. As peculiares características orográficas de Galiza sí que provocaron en cambio diferentes "subestructuras" xenéticas na poboación ubicada no territorio galego. "As barreiras xeográficas entre pobos impediron as mesturas.” Como consecuencia das diferentes aportacións xenéticas o perfil do galego é o dunha persoa de complexión máis ben baixa, ancho, forte, rubicundo e coloradiño. "Non por ser un estereotipo deixa de ser menos real".Mais non é un rasgo exclusivo do territorio galego. "O prototipo celta atópase en Galiza", afirma o catedrático de Antropoloxia de Santiago.
"Aparte", agrega "é que a cultura celta forma parte da mitoloxía, da arqueoloxía, do perfil cultural dunha Galiza prerromana".
Xose Luís Blázquez Mundo Militar•Co 1% desa cantidade, a auga potable sería accesible a toda a humanidade. •Co 2% desa cantidade, poderiamos acabar ca fame en 10 anos. •Co 1.8%, a enerxía renovable chegaría a todas partes e a contaminación desaparecería. Alguén moi importante recordoume fai pouco certa frase que coñecia pero á que non prestaba atención... ¿Qué pasa se a unha querra non vai ninguén? Defendendo A Terra: Castelao!!!Unhas fermosas e nada desprezables verbas do noso querido Castelao
-"O verdadeiro heroísmo consiste en trocar os anceios en realidades, as ideias en feitos."
-"¿Con que dereito se nos obriga a deprendermos a lingua de Castela e non se obriga aos casteláns a deprenderen a nosa?"
-"E somentes preservando as nosas enerxías autóctonas, a nosa capacidade creadora, é como poderemos contribuír á civilización universal incorporando a ela as nosas creacións inéditas."
-"O galego é a forma máis antiga das linguas neolatinas de Hespaña e a primeira que alcanzou un pleno desenrolo literario."
-"A dominación de Galiza endexamais será efectiva entrementras fale un idioma diferente do castelán."
-"Castela non ten máis de tres séculos de antigüedade sobor das nacións de América."
-"A nosa galeguidade provén da forteza do espírito, e aínda que carecemos de vontade ofensiva somos inexpugnables na resistencia."
-"Chegan a decir que o problema galego igual que o vasco e catalán, depende da solución que acorde a maioría dos hespañoes... ¡Estábamos aviados!"
-"O pobo é somentes soberán o día das eleccións."
-"Os elementos de dereita soio conciben unha patria artificial, posta ao servicio do seus interese."
-"O idioma imposto non logrou matar o seu idioma natural; pero logrou degradalo."
-"Os ingleses aldraxan aos escoceses; os franceses aos bretóns; os casteláns aos galegos. E todos eses aldraxes non son máis que un recoñecemento tácito do "carácter nacional"."
-"Porque as vacas e os bois merecen máis amor que os touros bravos."
-"Nós queremos ser hespañoes, pero a condición de que este nome non nos obrigue a sermos casteláns."
-"A loita nobre e leal das ideias é o que asegura o progreso."
-"Pero dentro de Portugal quedounos a mitade da nosa terra, do noso espírito, da nosa lingua, da nosa cultura, da nosa vida, do noso ser nacional."
-"A vaca é o símbolo da paz."
-"Unha lingua é máis que unha obra de arte; é matriz inagotable de obras de arte."
-"Non hai máis solución que o federalismo para chegar á paz do mundo."
-"Se a cultura é o mellor froito da nación, será preciso recoñecer que non hai vida nacional única onde existan diversas culturas."
-"Non: o internacionalismo eficaz non deserta das patrias, senón que as transforma en órgaos dunha nova humanidade."
-"Galiza foi un Reino independente até o século XV e despois gozou das ventaxas do réxime autónomo até ben entrado o século XIX."
-"Galiza soio merecerá respeto cando abandoemos a nosa mansedume, despois de saber o que fomos, o que deixamos de ser e o que seríamos con vida independente."
-"Somos tan galegos hoxe como éramos no século XV, antes de sermos asoballados polos "Reis Católicos"."
-"A nosa "lingua rústica" vive porque aínda temos moito que decir nela."
-"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma."
-"Galiza deixará de loitar pola liberdade cando a conquira."
-"A vergonza é pior que a fame." Día das Letras 2006- Lugrís FreireMOCEDADE
¡Qué estou vello!...¡Mentira! ¡Qué estou vello!... Quixeran
Amo a xusticia e quero Amo a quen sufre e chora, ¡Aínda teño ilusión,
Cando chegue ese día
........................ Cando o tempo ê pasado ¡Eternamente ê mozo AS RATASNa Galiza, ise vello pobo,
carballo carcomido de raios e bestigos,
loita, dende fai séculos,
o home cas ratas.
Coma nos castelos abandoados,
onde xa caíron traves e brasós,
escóitanse queixumes de gonzos ferruxentos.
Dende fai séculos loitan en Galiza
os homes cas ratas.
Vencendo sempre as ratas.
Ate que toda ela fique,
coma ises castelos roiñentos
e os mosteiros sen altares
nin lembranzas de ritos,
sendo soio rondada de morcegos
e pantasmas.
Coberta de edra, de label.
Morándoa soio as ratas.
Somente as ratas.
Luís Seoane
¿Quén son logo as ratas..?
Debemos seguir loitando por botalas da nosa nazóm e obter a merecida autodeterminazóm. ¿Qué significa "gallego"?Dicionario da
R.A.E "Gallego": (Del lat. Gallaecus). 1. adj. Natural de Galicia. U. t. c. s. 2. adj. Perteneciente o relativo a esta comunidad autónoma de España. 3. adj. En Castilla, se dice del viento cauro o noroeste, que viene de la parte de Galicia. U. t. c. s. 4. adj. Ant., Arg., Col. y Ur. Dicho de una persona: Nacida en España o de ascendencia española. U. t. c. s. 5. adj. C. Rica. tonto (ǁ falto de entendimiento o razón). 6. adj. El Salv. tartamudo. 7. m. Lengua de los gallegos. 8. m. C. Rica y Nic. Especie de lagartija crestada que vive en las orillas de los ríos y nada con mucha rapidez. 9. m. C. Rica. libélula. 10. m. Cuba y P. Rico. Ave palmípeda de plumaje ceniciento, rabadilla, vientre y cola blancos, patas, pico y párpados rojizos. 11. m. Cuba. En un ingenio, dispositivo que aplana y nivela la caña antes de ser molida. |
|
|||||
|
|